Asociación local contra o cancro

A Asociación Española contra o cancro é unha organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores e profesionais.

O seu obxectivo é diminuír o impacto causado polo cancro e mellorar a vida das persoas.

Para iso, edúcase en saúde para previr a enfermidade, apoian e acompañan a quen está pasando por un cancro e aos seus familiares e fomentamos a investigación para salvar vidas.

Ofrecen de forma totalmente gratuíta:

  • ATENCIÓN SOCIAL

Información e orientación sobre prestacións e recursos sociais. Abordaxe das dificultades derivadas da enfermidade e da situación actual coa COVID – 19. Préstamo de perrucas, pañuelos e material ortopédico.

  • ATENCIÓN PSICOLÓXICA

Asesoramento e apoio para facer fronte á angustia emocional causada pola enfermidade e ós tratamentos, e para mellorar a comunicación coa familia, amigos e equipo médico.

  • LOGOPEDIA

Logopedas especializados que poderán axudar cando o cancro poida supoñer dificultades para mastigar, tragar e/ou pronunciar, así como a perda ou deterioro da voz, do olfacto ou do gusto.

  • ACOMPAÑAMENTO

Os  voluntarios seguen ao carón de pacientes e familiares cando o necesiten. Fan acompañamento por teléfono, por videochamada e incluso por chat.

  • ACTIVIDADES

Actividades de prevención, apoio, lecer e formación dirixidas a persoas con cancro e aos seus achegados.

Ademais, están dispoñibles en todo momento para quen o necesita.

Están presentes coas nosas xuntas locais en Muxía, Vimianzo, Cee e Camariñas para realizar campañas de prevención e de captación de fondos para a loita contra o cancro. Alí contamos con persoas voluntarias dispostas a axudar aos seus veciños cando máis o poden necesitar.

Se estás a pasar por un cancro, non estás só. Estamos ao teu carón.

contacto

Teléfono: 900100036 (Operativo 24h. os 365 días)

Email: acoruna@aecc.es